Concello de Cedeira - D.X. Turismo
Fecha Jueves, 24 noviembre a las 10:32:35
Tema PHP-Nuke


Un grupo de técnicos da Dirección Xeral de Turismo visitaron onte San Andrés de Teixido acompañados do alcalde de Cedeira, Leopoldo Rubido, para ter unha primeira toma de contacto e comezar a preparar o proxecto de reunificación de fachadas das 18 vivendas que se atopan na zona. O Concello quere impulsar un «lavado de face» ás construcións de San Andrés e reconvertelas ao estilo da arquitectura tradicional galega.

Segundo indicaron fontes municipais, os técnicos tomaron as ideas propostas polo grupo municipal e nas próximas semanas presentarán un anteproxecto con recreacións en tres dimensións de como podería transformarse a zona.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1804