Concello de Cedeira - + + + + +
Fecha Sábado, 19 noviembre a las 07:59:10
Tema PHP-Nuke


Dar unidade ás fachadas das vivendas situadas en San Andrés de Teixido é o obxectivo dun proxecto que prevé levar a cabo o Concello de Cedeira. A zona coñecida polo seu santuario e os seus impresionantes cantiis descoidou durante moitos anos a arquitectura e o goberno local quere eliminar o «feísmo» das casas, que empobrece a zona, e converter o pobo nun exemplo de arquitectura tradicional galega.

O alcalde da vila, Leopoldo Rubido, presentará o proxecto a próxima semana á Dirección Xeral de Turismo durante unha visita prevista á zona do subdirector da entidade. Segundo indican fontes municipais, a iniciativa suporía un investimento de 300.000 euros e consistiría en rehabilitar as fachadas de vivendas e bares con pedra ao estilo da ermida para dar unidade estética a toda a zona e eliminar os elementos discordantes, como os plásticos ou uralitas dalgunhas vivendas.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1800