Agrupación de Esquerda Unida de Cedeira
Fecha Viernes, 18 noviembre a las 09:16:32
Tema PHP-Nuke


A Agrupación de Esquerda Unida de Cedeira reclama a posta en marcha do que será o primeiro centro xeriátrico da localidade. Nun comunicado, a formación considerou "inxustificable a falta de resposta e mutismo por parte dá administración local ante a viabilidade e posta en marcha do proxecto".
Segundo recorda EU, este proxecto xa se presentou a finais de 2010 e, logo de ser desestimado nun principio e paralizado por mor dun informe técnico municipal, actualmente atópase nunha situación "de incerteza e ambigüidade legal urbanística, e ademais, agravada pola falta de respostas e solucións dende o Concello".
A agrupación indica que os problemas para obter a licenza de apertura están creando malestar entre os promotores do centro, que ven "como se eternizan os prazos e non se ven solucións inmediatas ou en tempo razoable". O proxecto, recordan, suporía crear entre 25 e 30 postos de traballo directos e case outros tantos indirectos. Un emprego a ter en conta dada a alta taxa de paro, sobre todo feminino, existente na localidade e na comarca, subliñan.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1799