CONTRA OS ATAQUES DA DEREITA - PSdeG-PSOE CEDEIRA
Fecha Miércoles, 16 noviembre a las 18:55:16
Tema PHP-Nuke


¿Quén arranca os carteis dos socialistas?


JOSÉ LUIS VERGARA REY
SECRETARIO XERAL
DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE
CEDEIRA

Hoxe, mércores, 16 de novembro do 2011, continúan os ataques contra os socialistas de Cedeira. Os carteis de apoio a Rubalcaba foron eliminados do panel central do Concello.

Un novo episodio de sectarismo contra o diferente, contra o que se planta ante a inxusticia, busca un sitio na pacífica realidade cedeiresa. Noutrora ensuciaron as capelas e cemiterios para denostar a Vergara, nas pasadas municipais calumniaron o mesmo día de reflexión ao candidato socialista e agora, queren eliminar calquer vestixio que aspire a facerlles fronte.

As consignas que no pasado mandato electoral se fixeron contra os socialistas, do tipo de “Vergara ao paredón” e outras lindezas contra das nosas familias non conseguiron estimular en nós nin a máis das leves venganzas. Gustaríalles que nós reaccionásemos da mesma maneira desesperada ou que nos amilanásemos ante as súas provocacións.

Van dados. O socialismo non se pode borrar. Todo o contrario, é a forza que empuxa á sociaedade a avanzar cara a xusticia, a igualdade e a libertade. Catro adulóns e algún estómago agradecido, por moito que ensucien os nosos carteis, por moito que pinten nas paredes sagradas e por moito que arranquen os nosos carteis, non conseguirán calarlle a boca ao socialismo cedeirés.

Queridos amigos, queremos avanzar cara un mundo mellor, polo tanto non imos incurrir nos seus erros, nas súas provocacións. Ante cada insulto ofreceremos novos argumentos e ante cada provocación, enfrentaremos máis traballo. Son recetas que nunca serán capaces de igualar.



© 2011 PSdeG-PSOE de Cedeira


Link: A.S. de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1797