Concello de Cedeira - RUTA
Fecha Miércoles, 16 noviembre a las 11:16:58
Tema PHP-Nuke


A zona de Ortegal posúe un importante valor xeolóxico, con algunhas das rocas máis antigas da Península Ibérica. O goberno de Cedeira ten agora intención de potenciar este patrimonio local coa confección dunha ruta de interpretación polos principais puntos de interese. Con este fin, ten previsto asinar un convenio coa Deputación da Coruña por valor de 25.000 euros, que se destinarán a financiar o proxecto.
Segundo explicouse desde o executivo local, a iniciativa tomará como basee o traballo xa realizado polo Club Montaña Ferrol, que confeccionou fai tempo un tríptico cos principais puntos de interese. O proxecto municipal consistirá en pór en valor unha decena de lugares, coa instalación de paneis informativos que acheguen ao visitante a súa importancia xeolóxica. Ademais, acondicionarase a contorna con valos e bancos.
A proposta complementarase cunha exposición permanente de rocas, cuxa localización está por determinar. Así mesmo, habilitarase un aula de proxeccións, con material audiovisual sobre o tema.

O Concello traballa actualmente na redacción da proposta, que se espera poida materializarse de face ao próximo verán.
O goberno cedeirense concibe esta iniciativa como un primeiro paso de face á futura promoción do turismo xeolóxico. Así, recordan, a zona atrae todos os anos excursións de estudiosos desta materia de forma espontánea. Sen ir máis lonxe, engaden, recentemente visitaron o municipio grupos procedentes de Holanda, Inglaterra e outras zonas de España.

Turismo

Ese nicho de mercado é o que se quere impulsar no futuro, como unha forma de ampliar e desestacionalizar a oferta turística local, que na actualidade concéntrase principalmente na época estival. Así, nunha segunda fase prevese promocionar a zona entre escolas e facultades tanto españolas como europeas.
Ao mesmo tempo, realizarase unha campaña de divulgación educativa nos centros de ensino próximos.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1796