
DESCONCERTADOS . Por Diego R. Piñón
Fecha Lunes, 14 noviembre a las 12:05:21 Tema PHP-Nuke
Artigo de Diego R. Piñón publicado no xornal Diario de Ferrol.
" Ó par da nosa promoción de estudantes de traballo social nacía no 1987 o
Plan Concertado. Un acordo de cooperación entre as administracións
estatal, autonómicas e locais para contribuir conxuntamente ó
establecemento dun sistema público de servizos sociais que garantizara
unhas prestacións básicas a toda a cidadanía. Foi obrigado tema de
exame, e todos intuiamos a súa máxima importancia para o desenvolvemento
da xustiza social, e tamén para as nosas
futuras vidas profesionais. Ó rematar os estudos coa implementación do
plan, moitos atopamos traballo baixo as súas directrices e programa
(información/orientación, axuda no fogar, aloxamento, inserción social).
Có tempo variedade e infinidade de traballadores e voluntarios axudamos
a facelo medrar, a milloralo. Era o nudo mestre do sistema. Dende o
2008 asistimos desconcertados, ó seu paulatino desmantelamento. En
Galicia elimináronselle programas; a emerxencia social, a cooperación
social, e xa neste 2011 o mantemento e a redución de ata casi un 90%
para algúns concellos na axuda no fogar. Pronto, supoño que o vindeiro
ano –xa anunciou a conselleira as súas intencións nunha recente
entrevista– retocarán o programa de información/orientación, e moito me
temo que parte do persoal técnico poida perder o seu posto laboral. Como
agora o plan naceu no medio dunha grave crise económica que
condicionaba profundamente o gasto social e o propio modelo do estado do
benestar. Entre todos superouse o socavón. Nesta nova encrucillada só
teremos éxito se volvemos a vincularnos ó espíritu do plan: a
colaboración conxunta. "
© 2011 - D.R.P. Diario de Ferrol
Link: DFONLine
|
|