Día da Fibromialxia
Fecha Jueves, 02 abril a las 11:28:25
Tema PHP-Nuke


A Asociación Cedeirense de Fibromialxia celebra o próximo 9 de maio o Día da Fibromialxia. A cita terá lugar no auditorio municipal da localidade e arrincará ás seis da tarde coas actuacións da Rondalla Grupo Pectro, a Coral Estrelas do Mar e a Virxe do Mar. Ademais, o psicólogo Manuel Antonio Valencia pronunciará unha conferencia baixo o título Depresión en pacientes con fibromialxia. Segundo indican desde a Asociación cedeirense que agrupa a estes enfermos, tras a música e a charla serviranse uns petiscos na cuarta planta do edificio do auditorio.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=179