Concello de Cedeira - BOP
Fecha Miércoles, 09 noviembre a las 10:58:27
Tema PHP-Nuke


Aprobación inicial modificación ordenanzas fiscais

ANUNCIO

Adoptándose polo Concello Pleno, en sesión celebrada o 07 de novembro de 2011, o acordo de aprobación inicial, que se elevará a definitivo no caso de que non se produzan reclamacións durante o prazo de exposición pública, dos expedientes de aprobación ou modificación de Ordenanzas Fiscais que a continuación se expresan, de conformidade co disposto no artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, sométense os devanditos expedientes a información pública e audiencia aos interesados durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, dentro dos cales os interesados poderán examinalos nos Servizos Económicos do Concello e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

Os acordos de aprobación adoptados son os seguintes:

- Modificación da Ordenanza Fiscal 1.3, reguladora do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.

- Modificación da Ordenanza Fiscal 2.11 reguladora da taxa por prestación do servicio recollida de residuos

- Modificación da Ordenanza Fiscal 3.02 reguladora da taxa de vaos por entradas de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcadoiro exclusivo, parada de vehículos, e de carga e descarga de mercadorías de calquera clase

- Modificación da Ordenanza Fiscais reguladoras da taxa pola distribución de auga, incluídos os dereitos de enganche e da taxa pola prestación do servicio de rede de saneamento e tratamento e depuración de augas residuais

Cedeira, 07 de novembro de 2011

O Alcalde,

Leopoldo Rubido Ramonde

Link. BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1787