II EXPOSICIÓN CANINA CONCELLO DE CEDEIRA
Fecha Sábado, 05 noviembre a las 12:56:22 Tema PHP-Nuke
Os afeccionados aos cans terán mañá unha cita solidaria coa celebración
da II Exposición Canina Concello de Cedeira. A Asociación de
Discapacitados Sobre Rodas do municipio organiza o certame, en
colaboración coa Sociedade Cinológica Galega Expogal.
Tras a exitosa experiencia do ano pasado, a vila alberga de novo unha
iniciativa que, aínda que inclúe unha proba puntuable na competición
provincial previa á autonómica, ten unha finalidade fundamentalmente
solidaria, pois serve para recadar fondos para a citada asociación
local. A exposición arrincará ás dez da mañá, no polideportivo
municipal.
Ademais da competición dos cans participantes, tamén haberá
demostracións. Neste edición contarase coa colaboración Lobos de
Narahío, cuxos canes ofrecerán un espectáculo de Agility. Esta firma
dedícase ao adestramento, intervención asistida con animais e cría de
can lobo checoslovaco.
© 2011 Diario de Ferrol
Precedentes
Na edición do ano pasado participaron máis de 150
canes. Así, no concurso de cans sen pedigrí tomaron parte máis de 40
exemplares de diferentes razas, mentres que á proba puntuable
presentáronse en total 112. Tamén entón ofrecéronse demostracións, unha
a cargo da unidade cinológica do Terzo Norte de Infantería de Marina e
outra con cans de asistencia a persoas con mobilidade reducida.
Link: DFONLine
|
|