Xuizo por suposto atentado a funcionario público
Fecha Martes, 25 octubre a las 13:00:00
Tema PHP-Nuke


A Fiscalía solicita para J.J.G.C., de 75 anos, a pena dun ano e seis meses de prisión como presunto autor dun delito de atentado a funcionario público. O xuízo está fixado para o próximo día 31 no Xulgado do Penal 2 de Ferrol.
Os feitos aos que se refire esta causa que foi instruia polo Xulgado mixto de Ortigueira ocorreron sobre as tres da tarde do día 21 de abril de 2010 na confluencia do Paseo da Marina coa praza do Peixe, na vila de Cedeira.
Segundo as conclusións provisionais do Ministerio Fiscal, o acusado abordou ao secretario do Concello cando o funcionario saía do seu posto de traballo e, tras preguntarlle polo estado da tramitación duns expedientes e contestarlle este que non estaban no consistorio, abalanzouse sobre el.
Supostamente, acto seguido agarrouno polo xersei e lanzoulle un lapote que chegou a rozarlle o nariz.
Ao mesmo tempo, e sempre segundo a acusación pública, J.J.G.C. dirixíalle frases talles como: "Tes que dimitir" ou estás paralizando os meus expedientes".
A continuación, o acusado arrebatoulle o paraugas que o secretario municipal portaba nas mans e esgrimiuno contra el, para despois partilo en dúas coa perna. Segundo o escrito de acusación, ao final díxolle: "vouche a acolloar".
A xuízo da Fiscalía, os feitos narrados son constitutivos dun delito de atentado a funcionario público.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1773