Concello de Cedeira - DOGA
Fecha Miércoles, 19 octubre a las 12:37:07
Tema PHP-Nuke


Concello de Cedeira

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle das parcelas 41-42 do parque empresarial da Trabe.

Con data do 7 de outubro de 2011 dictouse resolución de Alcaldía (Decreto 633) na cal se resolve a aprobación inicial do estudo de detalle, presentado Manuel Parente Noya en representación de Ortegal Laboratory, S.L., co obxecto de ordenación de volumes e agrupación das parcelas 41-42 da zona 3 do parque empresarial da Trabe, redactado por M.ª  Victoria Garro Novillo, visado polo COAG con data do 2.9.2011.

O dito acordo supón a suspensión de outorgamento de licenzas no ámbito regulado polo estudo de detalle por un prazo máximo de dous anos ou ata que se acorde a aprobación definitiva se for anterior.

Sométese a información publica por un prazo de vinte (20) días hábiles a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

Durante o dito prazo as persoas interesadas poderán examinar o seu contido na casa do concello de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e presentar as alegacións que consideren oportunas.

Cedeira, 7 de outubro de 2011.

Leopoldo Rubido Ramonde
Alcalde



Link: DOGAONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1768