Accidente laboral
Fecha Viernes, 14 octubre a las 11:59:39
Tema PHP-Nuke


Un traballador da construción resultou ferido de consideración ao esborrallarse o tellado que estaba reparando onte pola tarde en Cedeira. O accidente tivo lugar nunha instalación de almacenaxe de automóbiles coñecida entre os veciños como a nave de Conrado. Segundo indicaron desde o servizo de urxencias do 112, ata o lugar desprazouse a Policía Local, un equipo do corpo de voluntarios de Protección Civil de Cedeira e unha ambulancia médica do 061.

O ferido responde ás iniciais J.G.L., é de mediana idade e reside en Cedeira. Segundo indicaron fontes de Protección Civil, no momento do accidente o home atopábase con outro compañeiro no proxecto de reparación do tellado da nave. Ao parecer, segundo os primeiros indicios, os efectivos de seguridade barallan a idea de que o home sufrise un desmaio que provocou a súa caída. Ademais, segundo detallan fontes consultadas, o traballador atopábase sen ningunha sujeción nin equipo de seguridade.

O home atopábase traballando no tellado, a uns cinco metros de altura, cando a cuberta veu abaixo. Testemuñas do suceso afirman que o operario caeu sobre unha pila de cascallos con pedras e ladrillos. Finalmente, o ferido foi trasladado grave ao hospital ferrolán Arquitecto Marcide.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1764