EU Cedeira - Polígono industrial A Trave
Fecha Miércoles, 05 octubre a las 16:04:23
Tema PHP-Nuke


A agrupación de EU Cedeira solicita solvencia e premura para a resolución dos expedientes de licitacion e permisos de obras no recentemente inaugurado polígono industrial de  A Trave.

A tardanza na resolución dos expedientes de licitación de obra por parte da Arquitecto/a responsable da oficina tecnica municipal, esta a crear unha situación de incertidume e condea o ostracismo dos proxectos empresariais instalados no poligono de A Trave.   A agrupación de Esquerda Unida considera que esta situación de inacción e retraso dos permisos esta a incidir moi negativamente no futuro dos proxectos instalados no polígono, e está a por en perigo o emprego e riqueza que estes proxectos poidan xerar.

Por parte desta formación hai constancia do desánimo reinante nos emprendedores, xa que se corre o risco  de deslocalización e "fuxida" das empresas para outras localidades con menos restriccións administrativas,  resultando tamén un freo para a instalacion de novos proxectos, non sendo esta a mellor das opcións nos tempos de crise que nos están a tocar.

Dende a agrupacion local de Esquerda unida se insta o goberno municipal a tomar as medidas necesarias para paliar e remediar a controvertida e delicada situación, xa que se está a por en perigo a formalización de emprego, creación de riqueza e texido industrial.
Link: EU Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1759