Concello de Cedeira - PSOE
Fecha Jueves, 29 septiembre a las 08:54:02
Tema PHP-Nuke


O partido socialista de Cedeira acusa ao goberno local de querer desvincularse da Axencia de protección da legalidade urbanística para poder xestionar desde o propio Concello os procedementos urbanísticos abertos. Segundo indicou o concelleiro socialista e anterior alcalde da vila, José Luís Vergara, onte a corporación debía debater en pleno a resolución do convenio que mantén o Concello coa axencia. Pero finalmente, segundo Vergara, este punto foi omitido da orde do día. «Dixémoslles que non sabiamos se é legal que votasen xa que o tenente alcalde mantén aberto un expediente coa axencia por irregularidades nunha propiedade», recordou Vergara.

Por outra banda, o edil quixo matizar o anuncio realizado polo Concello sobre a súa intención de externalizar parte da oficina de Urbanismo. «Os funcionarios están dando informes que quizá non van na dirección dos intereses do grupo de goberno por iso a externalizan», asegura o exalcalde que, ademais, apunta «se finalmente contratan a unha firma afín para a oficina e retoman os expedientes que está investigando a axencia, teñen mans libres para que os informes preceptivos dos técnicos de Urbanismo fáganse seguindo os intereses de certo empresariado cedeirense», lamentou Vergara.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1754