Accidente
Fecha Miércoles, 28 septiembre a las 09:11:55
Tema PHP-Nuke


O servizo de urxencias do 112 despregou onte un amplo dispositivo para buscar a un coche accidentado en Cedeira. Segundo indicaron fontes do 112, a propia condutora, de 42 anos que responde ás iniciais I.M.P.C., chamou alertando que estaba atrapada no seu coche ao caerse por unha ladeira cando circulaba pola estrada cara a San Andrés de Teixido, aínda que non sabía exactamente onde se atopaba. O vehículo esborrallouse ao redor de 30 metros por un terraplén.

O suceso produciuse pasadas as sete da tarde. Segundo indicaron fontes oficiais, o non coñecer a localización exacta e a zona montañosa onde se atopaba dificultou a chegada dos servizos de urxencia que tardaron máis dunha hora en atopala. Ata o lugar trasladouse a Garda Civil de Tráfico, unha UVI móbil de Urxencias Médicas, Protección Civil, Policía Local e unha patrulla do Grumir de Ortigueira. Ademais, barallouse a posibilidade de mobilizar tamén ao helicóptero Pesca II aínda que finalmente non foi trasladado por ser case de noite.

A pesar do aparatoso do accidente, os servizos de urxencia atoparon á muller consciente e ferida aínda que, en principio, non revestía gravidade. Foi necesaria a intervención do Grumir aínda que ao peche do xornal La Voz de Galicia aínda non fora evacuada.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1753