Concello de Cedeira - Urbanismo
Fecha Miércoles, 28 septiembre a las 10:09:20
Tema PHP-Nuke


Ante as queixas xurdidas entre os veciños de Cedeira polo atraso á hora de realizar algúns trámites burocráticos, o Concello quere remedialo pondo ao día as oficinas municipais. O goberno cedeirense busca axilizar os trámites, sobre todo as licenzas urbanísticas, algunhas dos cales levan paradas máis de dous anos e para iso, segundo adiantaron fontes municipais, o Concello prevé externalizar parte da oficina de urbanismo.

«Cando entramos no goberno atopámonos cunha administración cara, lenta e pouco accesible. O noso obxectivo é remedialo e volver ter unha administración pequena que traballe directamente para o veciño», explica o edil popular, Luís Rubido. Aínda que desde o Concello aínda non indicaron cando se realizará este traspaso de parte das funcións urbanísticas, o edil si que aclarou que esta medida será «temporal» ata pór en orde as licenzas atrasadas. E é que, a principios deste verán, a nova administración local cuantificara en ao redor de trinta os procedementos urbanísticos abertos e en ao redor dun centenar as solicitudes sen responder.

O atraso na aprobación destes trámites está afectando a infraestruturas crave para o municipio como o polígono industrial ou o futuro xeriátrico. «Con tanto atraso non se está respondendo ás solicitudes de licenza das empresas que queren situarse no parque», lamentaba o edil Luís Rubido e de momento a única firma que xa está asentándose no municipio é a empresa encargada de fabricar dispositivos de son, Galicia Audio Research. O colectivo de empresarios da comarca, que prevé abrir un xeriátrico no antigo hotel Vila de Cedeira, tamén está tendo problemas para obter a licenza de apertura. Segundo indicaron fontes municipais, este tema tratarase na xunta de portavoces para darlle prioridade.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1752