Concello de Cedeira - DOGA
Fecha Martes, 20 septiembre a las 07:48:41
Tema PHP-Nuke


Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cedeira (expediente IN407A 2011/140).



Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita: Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A. Domicilio social: avenida de Arteixo 171, 15007 A Coruña. Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. na rúa Marta. Situación: concello de Cedeira. Características técnicas: – Liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,160 km e condutor R.H.Z.1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm² Al, coa orixe nos empalmes proxectados na L.M.T.S. CDR-807, tramo entre C.T. Sindicais (expediente 11957) e o C.T. O Ventoso (expediente 50101), e final na mesma liña unha vez entre e saia do C.T. proxectado. – Centro de transformación (C.T.) non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, en r/ Santa Marta. Concello de Cedeira. Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación. A Coruña, 23 de agosto de 2011. Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña
Link: DOGAONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1747