Traballador ferido no monte
Fecha Jueves, 15 septiembre a las 19:02:12
Tema PHP-Nuke


Un traballador dunha empresa maderista resultou ferido de carácter leve esta mañá cando manipulaba unha motosierra nun monte do municipio de Cedeira.

Segundo indicaron fontes oficiais, o operario, de 41 anos e orixe romanesa, e que responde ás iniciais M. A., sufriu feridas nun pé mentres traballaba coa serra mecánica nun terreo situado no lugar de Campón, na parroquia cedeirense de Montoxo.

Unha ambulancia do 061 trasladou ao ferido ao hospital Juan Cardona de Ferrol, aínda que as lesións non revisten gravidade, precisaron as mesmas fontes.

Ao lugar do sinistro desprazáronse efectivos de Protección Civil do municipio e unha dotación da Garda Civil.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1744