Concello de Cedeira - BOP
Fecha Lunes, 12 septiembre a las 08:37:55
Tema PHP-Nuke


Composición da Mesa de contratación permanente

ANUNCIO

O Pleno da Corporación, na súa sesión ordinaria de data 29.06.2011, adoptou o seguinte acordo:

“10. PROPOSTA DE COMPOSICIÓN da Mesa de Contratación:

(...)

Primeiro.- Constituir unha Mesa Permanente de Contratación para todolos procedementos de contratación do Concello de Cedeira nos que sexa legalmente esixible, ou así o prevexa o prego de claúsulas administrativas particulares, coa seguinte composición:

PRESIDENTE: O Concelleiro-Delegado de Desenvolvemento Local, Facenda, Turismo, Cultura, Iniciativas de Programa e Urbanismo, ou concelleiro en quen delegue.

VOGAIS: Dn. Alfredo Vilela Santalla.

Suplente: Dn. Pablo Luís Nebril López.




A Secretaria da Corporación con funcións de asesoramento xurídico.

Suplente: O funcionario que sexa nomeado Secretario accidental.

O Interventor Municipal.

Suplente: O funcionario que sexa nomeado Interventor accidental.

SECRETARIA: A funcionaria encargada dos expedientes de contratación, Dna. María Montserrat Pérez Garrote.

ASESORES:

O Técnico Municipal.

Suplente: O Arquitecto Técnico Municipal.

Segundo.- Publicar anuncio referindo este acordo e a composición da Mesa Permanente de Contratación no BOP.

Terceiro.- Notificar este acordo aos membros da Mesa Permanente de Contratación.”

Cedeira, 25 de agosto de 2011

O alcalde,

Leopoldo Rubido Ramonde

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1739