Concello de Cedeira - BOP
Fecha Viernes, 09 septiembre a las 10:50:14
Tema PHP-Nuke


Delegación da Alcaldía para a celebración de matrimonios civís

DELEGACION DA ALCALDIA PARA A CELEBRACION DE MATRIMONIOS CIVIS

Data decreto: 04/08/2011

Núm. Decreto: 554


En relación coa celebración de matrimonios civís no Concello, á vista das autorizacións que o Rexistro Civil de Cedeira remite en relación cos ditos expedientes, e que conteñen a delegación no Sr. Alcalde para a prestación do consentimento.

Considerando a imposibilidade de asistir ás celebracións sinaladas, esta Alcaldía en uso das competencias conferidas pola lexislación vixente,

Considerando oportuno efectuar a favor da concelleira que se cita a delegación especial para a cebración de matrimonios civís, ó abeiro do que dispón o artigo 43.3 y 43.5 do ROF:

- Dona Almudena Molina Pérez, Concelleira-Delegada de Ensino e Persoal.

RESOLVE:

1º.- Efectuar a favor de dona Almudena Molina Pérez, concelleira desta Corporación, por delegación desta Alcaldía, a autorización para a celebración de matrimonios civís.

2º.- Dar traslado da presente autorización á facultada.

3º.- Publicar a presente resolución no BOP, en virtude do disposto no artigo 44.2 do ROF.

4º.- Dar conta ao Pleno na primeira sesión que se celebre, segundo o disposto no art. 44.4 do ROF.

Así o ordena e dispón o Sr. Alcalde, do que eu, Secretaria, dou fe.

Cedeira, 04/08/2011

O Alcalde, A Secretaria Xeral,

Leopoldo Rubido Ramonde Mª Cristina Varela García

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1736