Carro: "Dou un paso atrás para non vivir máis enfrontamentos
Fecha Martes, 06 septiembre a las 10:06:23
Tema PHP-Nuke


O deputado no Congreso Xavier Carro (Cedeira, 1964) abandona a súa carreira política. Non semella un adeus para sempre, só un ata logo. Di que prefire quedar un tempo como un militante máis porque non quere entrar en confrontacións “internas” coa actual dirección do PSOE ferrolán por mor dos nomes que figurarán nas listas do 20-N. Non quere que se repitan situacións tan tensas como as que xa pasaron os socialistas de Ferrolterra, coas disputas públicas entre o ex alcalde Vicente Irisarri e a actual secretaria xeral da formación local, Beatriz Sestayo.

Carro declara que agora lle toca á deputada facer as listas, pero recorda que nas dúas lexislaturas que representou a Ferrol, o PSOE obtivo os seus mellores resultados electorais aí e nas comarcas do Eume e do Ortegal.

Que é o que o leva a abandonar a política? Non hai volta atrás? Para sempre só e a morte. Esta é unha decisión que se corresponde con este momento vital e político meu. Eu seguirei militando no PSOE e na UGT e quedo a disposición do partido para outro momento e outras circunstancias.



© 2011 - Xornal de Galicia


Pero, hai algún feito que sexa o detonante? Sabe que cando anunciou a súa marcha moita xente pensou en que se debía a súa postura de rexeitamento á reforma constitucional. O tema da reforma non é ningún desencadeante. Eu tiña xa tomada de antes esta determinación. O paradóxico foron algunhas interpretacións sobre a miña posición en contra da reforma e a posterior rectificación. Houbo quen dixo que eu rectifiquei para poder asegurarme un sitio nas listas cando en ningún caso foi así. Á vista está. A miña posición no grupo sempre estivo no lado da esquerda socialista e estiven representando a moitos deputados que foron cargos da UGT. Non obstante, insisto en que iso non foi un problema. Eu manifestei a miña posición discrepante porque se pode facer dentro do partido, non foi máis. Isto ten máis relación coa dirección do partido en Ferrol. Agora hai unha nova dirección e creo que lle corresponde a ese equipo establecer cales son as persoas que deben representar o partido nos diferentes ámbitos.   Non cre, que pode entenderse como unha 'espantada' deixar ao partido nun momento como este? Cre que este anuncio pode prexudicar ao partido? Isto é un pouco como a fábula do pai, o fillo e o burro. Dá igual o que fagas e cando o fagas que alguén sempre vai pensar que algo está mal. Sempre van existir críticas a unha marcha, pero tamén existen moitas críticas contra outras persoas que se aferran ao cargo... A verdade creo que lle podo dar exemplo a moitas persoas que se terían que ter sacado do cargo hai xa tempo.   Nunhas declaración a Xornal di que hai unha tendencia no PSOE en Ferrol, logo da chegada de Beatriz Sestayo á dirección, na que “a xente se mata por un posto”. Opina que a dirección que se está tomando é a correcta, sobre todo logo da derrota electoral? Creo que precisamente perdemos a alcaldía por erros propios. Dende hai dous anos polo menos antes das eleccións municipais, houbo un enfrontamento moi grande entre unha parte da agrupación e Vicente Irisarri. Creo que iso nos deu moi mala imaxe. A xente pensou que como íamos arranxar os problemas da xente se non eramos capaces nin de solucionar os nosos. Creo que o proceso que se viviu foi moi negativo. Precisamente se agora manifesto a miña opinión e dou un paso atrás e para evitar que se volvan dar situación como as que xa pasamos. Agora hai unha nova dirección do partido en Ferrol e a ela lle corresponde a responsabilidade de decidir quen irá nas listas ou non. O posto de deputado non é de Xavier Carro, senón do partido.   Os problemas de Irisarri co Bloque e con Esquerda Unida e todo o proceso posterior de disputa pública con Beatriz Sestayo minaron moito a imaxe do PSOE en Ferrol. O partido debería ter dado un tirón de orellas? Está claro que as cousas non se fixeron ben porque perdemos a alcaldía e se as tivésemos feito doutra forma aínda estariamos gobernando. En todo caso, iso xa está. Son feitos do pasado e agora non ten sentido especular co que tería pasado. Iso si, hai que aprender dos erros e a miña acción neste momento vai nese sentido. A dirección do partido debe escoller aos candidatos sen presións e nada máis.   Volvendo ao tema da reforma express. A ve como unha das últimas acción do PSOE na lexislatura que pode prexudicalo diante do votante de esquerdas? Con esas cousas hai que ter moito coidado porque cando as cousas van mal, non hai ningunha norma que diga que non poden empeorar. É certo que agora mesmo o PSOE ten unha decisión complicada, pero a cousa está mal para todos os partidos europeos. É lóxico que nunha situación de crise, a xente teña puntos de confrontación co partido que está no poder. Non obstante, o 20-N, débese elixir entre dúas formas distintas de ver a crise. Unha que a pesar dos problemas e os erros intenta manter a cohesión social e o estado de benestar. Hai outra opción que, como podemos ver en Castela A Mancha, entra como unha debrozadora nos gobernos para cargarse en primeiro termo a sanidade e os servizos públicos e sociais e logo todo o demais. A decisión do voto debe ser moi meditada porque non é que nos esteamos xogando os próximos catro anos senón as próximas décadas.   Confía en Rubalcaba? Cre que pode cambiar a imaxe do PSOE? Creo que Rubalcaba pode facelo. É un gran comunicador e creo que xente acabará por darse conta de que non hai cor entre unha España gobernada por Rajoy e outra gobernada por el. Rajoy sempre demostrou que é un vago. As súas únicas iniciativas políticas consisten en saír á porta e sentarse a ver como pasan os cadáveres dos inimigos. Rubalcaba é combativo, traballador e convincente.   Cales son os distintos camiños aos que opta o PSOE despois do 20-N? Tal e como están as cousas, cre que o partido poder perderse en loitas intestinas se Rubalcaba fracasa? Creo que os partidos do 20-N van ser mellores do que din as enquisas e a xente cre. Non obstante, no caso dun resultado desfavorable, as organizacións teñen que reconstituírse constantemente. Somos unha formación centenaria, pasamos momento peores que os actuais e soubemos saír deles.   E como ve ao PSdeG? Estamos tamén nun momento crítico. Creo que se está mellorando a oposición á Xunta de Galicia pero tamén creo que é necesario crear unha alternativa máis solvente de cara ás autonómicas para poder combater ao PP.   Ve a Feijóo en Madrid? A Feijóo véxoo onde poida manexar máis presuposto. A Feijóo non lle importa nada Galicia nin lle ten ningún cariño, se pode colocarse nun ministerio onde haxa moito presuposto irá.   E a Blanco? A el o ve en Galicia? A situación de Blanco é precisamente a contraria. El estivo sempre na primeira liña da política, xa antes de ser ministro. Creo que é das persoas que estaría en condicións de arrebatarlle a Xunta de Galicia ao PP.   Máis que 'Pachi'? Creo que neste momento é das poucas persoas que pode arrebatarlle á Xunta a Feijóo, si.

Link: XORONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1732