Xavier Carro anunciou que abandonará a política tras o 20-N
Fecha Lunes, 05 septiembre a las 20:45:35
Tema PHP-Nuke


Xavier Carro, deputado socialista pola provincia da Coruña no Congreso, anunciou que abandonará a política tras o 20-N e regresa ao seu antigo traballo nos estaleiros de Navantia. Carro, que foi unha das voces críticas do PSOE contra a reforma da Constitución, asegurou a Xornal que a súa decisión "non ten que ver co tema de reforma, ten que ver coa situación do partido en Ferrol. Agora hai unha nova dirección con Beatriz Sestayo, onde a xente mátase por un posto. É un bo momento para dar un paso atrás e deixar que a dirección nacional galega decida libremente quen quere que vos represente en Madrid".

Ao político, natural de Cedeira, non lle gusta andar a cotenadas por entrar nas listas: "Matarme por un posto non só non gústame, senón que me arrepía, sobre todo o de especular nos medios. Fronte a procesos como o de Beatriz, eu tomei a decisión persoal e ou anuncio hoxe porque é un día tan bo como calquera outro".


© 2011 - Xornal de Galicia


Link: XORONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1730