Concello de Cedeira - FESTAS
Fecha Miércoles, 24 agosto a las 08:44:38
Tema PHP-Nuke


Tras unha semana de festas en Cedeira, o Concello anuncia que xa está estudando a posibilidade de crear un padroado que organice a celebración do próximo ano.

E é que as festas cedeirenses estiveron marcadas pola débeda contraída pola comisión que organizou os festexos o ano pasado e o intento do anterior goberno local de sacar a concurso a organización das actividades e concertos.

Aínda que desde o Concello non se aventuran a dar ningunha cifra de asistencia, estiman que durante o concerto dos Segredos, día grande das festas, ao redor de oito mil persoas visitaron a vila.

O investimento foi menor que en anos anteriores. A administración local destinou preto de oitenta mil euros e recadou ao redor de trinta mil de doazóns de veciños, comercios e locais hostaleiros. «Gastámonos case catro veces menos que en anos anteriores», destacaba o edil de Turismo, Luís Rubido. Ademais, o concelleiro fai balance do movemento económico que se xerou durante as últimas semanas que cifra en 500.000 euros.

Coa idea de crear un padroado, o goberno local busca paliar os problemas que se xeraron coa organización dos festexos durante as últimas edicións. «Queremos que sexa unha institución permanente que poida recibir financiamento e actuar de forma autónoma», explica Rubido.

Por outra banda, o concelleiro de Turismo asegura que o Concello non se reunirá cos dirixentes da comisión de festas do ano pasado (que deben cincuenta mil euros a artistas e traballadores) ata mediados de setembro. «Teremos que estudar as súas alegacións e ata debater o problema en pleno para ver se se toma algunha decisión», sentencia o concelleiro.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1722