Concello de Cedeira - BOP
Fecha Miércoles, 10 agosto a las 09:48:15
Tema PHP-Nuke


ANUNCIO

Aprobación provisional derogación e modificación de ordenanzas fiscales


Adoptándose polo Concello Pleno, en sesión celebrada o 27 de xullo de 2011, o acordo de aprobación provisional, que se elevará a definitivo no caso de que non se produzan reclamacións durante o prazo de exposición pública, dos expedientes de modificación ou derogación de Ordenanzas Fiscais que a continuación se expresan, de conformidade co disposto no artigo 17º do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, e no artigo 49º da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, sométense os devanditos expedientes a información pública e audiencia aos interesados durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, dentro dos cales os interesados poderán examinalos nos Servizos Económicos do Concello e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

Os acordos de aprobación adoptados son os seguintes:

· Derogación da Ordenanza Fiscal 2.1, reguladora da Taxa por Expedición de Documentos Administrativos.

· Modificación da Ordenanza Fiscal 2.3, reguladora da Taxa por Licenzas Urbanísticas.

Cedeira, 29 de xullo de 2011

O Alcalde,

Leopoldo Rubido Ramonde

Link: BOPONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1718