Máis gaitas, por favor
Fecha Viernes, 05 agosto a las 13:14:55
Tema PHP-Nuke


© 2011 Xan R. Silvar H - La Voz de Galicia

Hai tradicións que non se poden deixar. Digo deixar amortecer, esquecer, debilitarse, porque se as perdemos malamente manteremos o país. Xa sei que coa que chove na economía, na política, as preocupacións das xentes van por outras prioridades máis, en principio, importantes. Pero os titulares de primeira van caendo, os temas de varias páxinas desaparecen, as conmocións pasan e, ao final, queda a vida cotiá, a que marca e imprime carácter nas vidas a idades moi temperás e nestas xornadas estivais son tradición festas nas que os meniños ven ao gaiteiro, ao tambor e o bombo por vez primeira, miran cos ollos de lúa chea as figuras de negro, branco e vermello das que nace unha música que os acompañará de por vida. As «cuartetadas» das festas parroquiais, as bandas, o músico de eira ou de rúa faille un regalo impagable a unha memoria colectiva enchida máis de anonimato que de nomes. Pero hai nomes a lembrar para agradecer que estean aí, en traballo constante e meritorio para seguir a traballar a canteira de música galega. Un deles é Robaleira, a banda cedeiresa premiada no concurso galego deste ano pola súa calidade e fidelidade a unha visión diría máis esencialista que tradicional -difícil consenso a tradición- e da que ten saído unha manchea de músicos, algúns dos que hoxe fornecen grupos como Berrogüeto ou voces como Guadi Galego.

Grazas Robaleira por estar, e azos para seguir.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1714