Robaleira
Fecha Martes, 02 agosto a las 12:52:11
Tema PHP-Nuke


Robaleira, vinte anos logo da súa primeira -e única- participación na Liga Galega de Bandas de gaitas (LGBBGG), volveu triunfar. A formación gaiteira cedeirense obtivo o primeiro posto na segunda división -en 1991 só había unha, e gañaron- do campionato celebrado este domingo en Vilalba, mostrando o seu repertorio e son que a fai ser diferente ás demais.

Antonio Rodríguez Bustabad é o director da banda, e único dos fundadores que se mantén no grupo desde fai xa 26 anos. «Decidimos volver competir porque o formato cambiou», narra Rodríguez. «Agora é máis aberto e podemos aplicar o noso estilo».

Pero, que fai a Robaleira diferente das demais formacións? O director teno moi claro. «O noso son fainos distintos e claramente reconocibles», afirma Rodríguez. Engade que os arranxos, o intentar harmonizar e facer as cancións distintas ao orixinal, tamén son moi valorados polo xurado. E nisto Robaleira tamén destaca pola súa calidade.

Boa parte da culpa dese son especial téñeno tamén os tambores. A banda, a diferenza da maioría de participantes que usan percusión escocesa, fan un son que respecta a tradición galega. Rosario, irmá de Antonio, é a encargada de percusión e unha das artífices da formación. «Intento que a base sexa de percusión tradicional de aquí», explica Rosario.

A boa formación musical impartida na escola cedeirense é outro dos fundamentos de Robaleira. Anxo Díaz, de 20 anos, man dereita do director, leva tocando a gaita desde os 8. «Sabiamos que tiñamos posibilidades porque temos arranxos complicados que o xurado valora moito», di confiado o gaiteiro. Cristina González, percusionista desde os 7 anos, e da idade de Anxo, subliña de novo o son distinto de Robaleira. «E a vestimenta, que tamén vai acorde co folclore galego», engade a moza.

O premio por gañar o domingo? Ascender a Primeira División, un bonito trofeo e 1.800 euros que irán destinados a material para a banda, «e para unha cea de celebración», apunta cun sorriso Antonio Rodríguez.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1709