Detido por suposta agresión á autoridade
Fecha Lunes, 01 agosto a las 19:03:30
Tema PHP-Nuke


Un mozo, veciño de Cedeira e de 23 anos de idade, foi detido na tarde de onte por un suposto delito de agresión á autoridade.
Os feitos, segundo fontes da investigación, teñen a súa orixe na madrugada de onte domingo cando o agora detido presuntamente agrediu dunha puñada na cara ao cabo do posto que a Garda Civil ten na vila de Cedeira.

O mozo, segundo parece, presentaba evidentes signos de embriaguez e increpara en reiteradas ocasións ao axente que despois resultaría ferido. Este había tratado de acougar ao mozo que, con todo, seguiu mostrando unha actitude moi agresiva cara ao cabo da Benemérita. Esta situación, máis tarde, derivaría no impacto da puñada do mozo na cara do cabo do posto da Garda Civil.
A detención do suposto autor da agresión, no entanto, non se produciu ata o día de onte, segundo fontes consultadas por Diario de Ferrol

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1708