Concello de Cedeira - Urbanismo
Fecha Sábado, 30 julio a las 19:08:18
Tema PHP-Nuke


O Consello Consultor de Galicia desestimou o expediente administrativo proposto polo anterior grupo de goberno do Concello de Cedeira contra un inmoble situado na rúa Convento, fronte ao auditorio municipal, acusado de presentar irregularidades con respecto ao proxecto de construción. O organismo considerou que o procedemento sancionador iniciado polo Concello non era o adecuado e, segundo explica o anterior rexedor, José Luís Vergara, a administración autonómica expón que debería haberse iniciado un expediente de reposición da legalidade ou outro mecanismo de sanción para estudar a situación do inmoble.

A pesar de que o procedemento non foi o acertado, Vergara afirma que o consello ditaminou que a licenza foi outorgada de xeito irregular, polo que volverán debater o tema no próximo pleno municipal.

Pola súa banda, desde o grupo de goberno, aseguran que o consello desestimou completamente a sanción e o expediente será arquivado.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1706