Concello de Cedeira - FESTAS e débedas
Fecha Martes, 26 julio a las 08:53:41
Tema PHP-Nuke


O equipo mánager da banda Burning, EP Managment, un dos grupos que actuou nas festas de Cedeira do ano pasado, denuncia que aínda non lles pagaron a factura de 3.540 euros que lles debe a comisión de festas Santa María do Mar de Cedeira 2010. Segundo explica o seu dirixente, Enrique Patricio, o banco onde intentaron facer efectivo o cheque devolveulles o recibo por falta de fondos e desde entón ninguén se fixo cargo da débeda.

Ademais, o representante da banda asegura que están indignados pola publicación do programa de festas deste ano cando eles aínda están esperando que lles paguen a débeda.

Outras débedas

En total, a comisión aínda debe 47.800 euros a grupos como Son do Galpom, ás orquestras dependentes da empresa Espectáculos Nordés, a unha vintena de mozos que colaboraron na organización e a outras empresas locais.

Pola súa banda a comisión atópase pendente de negociar co Concello unha nova subvención para pagar a débeda.

Link: Concello de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1702