Concello de Cedeira - AXENDA
Fecha Viernes, 22 julio a las 08:47:06
Tema PHP-Nuke


Ás 11.00 de mañá é a hora fixada para que dean comezo tres días de feira nos que a vila mariñeira de Cedeira volverá a tempos pasados e instalarase no medievo. Corenta e cinco postos, catro deles locais, serán os encargados de conseguir esa viaxe e ambientar a Praza Roxa, que será o escenario elixido para a súa localización.

Os postos dos mercadores e os talleres de oficios artesanais, como ferreiros, panadeiros ou xogueteiros, contarán con animación rueira de época de mans do grupo Losinfuste, especializados en espectáculos rueiros de teatro e circo. As súas actuacións conseguirán a interactuación co público e lograrán caras de asombro entre os asistentes grazas ás acrobacias e xogos con lume, entre outras artimañas preparadas para a ocasión.

Ademais, a organización non se esqueceu do entretemento dos máis pequenos, para os que se instalará unha ludoteca con distintos xogos para que se reúnan alí e xoguen entre eles ou cos seus pais. Distintas mesas que, por exemplo, equiparaos con canas de madeira preparados para pescar.

A xornada matinal pecharase ás 14.30 horas, cando haberá tempo para descansar e volver ás cinco da tarde coas pilas recargadas. Non será ata as 22.00 cando se bote o peche definitivo.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1701