Porto deportivo - Concello de Cedeira
Fecha Jueves, 21 julio a las 21:04:34
Tema PHP-Nuke


Álvarez-Campana abandona Portos de Galicia para irse á Deputación
O exdeputado provincial en Pontevedra e edil popular en Vilanova de Arousa José Juan Durán Hermida relevará á fronte de Portos de Galicia a José Manuel Álvarez-Campana, que se incorporará ao equipo de Diego Calvo na Deputación de A Coruña, segundo aseguraron a Europa Press fontes populares.

     O encargado de confirmar o intercambio en Portos foi o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen explicou que o tamén secretario de Organización do PP coruñés cesa "a petición propia" e anticipou que pasará agora a "prestar servizo noutra administración pública". Fontes do partido sitúanlle na Deputación e avanzan que o organigrama da institución provincial se completará nun pleno que se celebrará a semana próxima.



Tras a reunión semanal do Consello da Xunta, Núñez Feijóo uniu a marcha do destacado dirixente do PP coruñés cunha "cuestión de incompatibilidade" posto que, remarcou, vaise a "outra administración pública" e desvinculouno de calquera outro motivo como, por exemplo, os problemas de financiamento do Porto exterior de Punta Langosteira.

     "Pola situación financeira de Punta Langosteira hai que preguntarlle á Autoridade Portuaria de A Coruña e, sobre todo, a Portos do Estado", replicou Feijóo, quen denunciou que é o Estado quen "non fixo os deberes" e engadiu que Álvarez-Campana "non ten nada que ver ao respecto".

     Desvinculou tamén este cesamento do ata agora presidente de Portos de Galicia da súa implicación nun suposto caso de prevaricación ambiental e outro de prevaricación urbanística no caso da piscifactoría de Rinlo, en Ribadeo (Lugo). "Creo que vai participar noutros proxectos e non se pode ter dous postos nas administracións públicas, hai un suposto de incompatibilidade", contrapuxo.

 "DESCONTENTO" EN MAR

     Fronte á versión da Xunta, fontes do PPdeG consultadas por Europa Press aseguraron que "nas últimas semanas" se falou "continuamente" da posibilidade do cesamento de Álvarez-Campana. A causa sería a "descontenta manifesta" coa súa xestión máis alá de "detonantes concretos".

     Ademais do "descontento" da Consellería do Mar, ao que está adscrito este ente, as mesmas fontes apuntaron que o seu relevo por parte de Durán supón "unha xogada redonda" para o partido que lidera Feijóo, posto que "se lle busca un sitio" a un "fiel" militante pontevedrés que recentemente perdeu a súa condición de deputado provincial.

     Segundo apuntan algunhas voces populares, o presidente do PP de Pontevedra, Rafael Louzán "premería" para "colocar" a Durán, co que pactaría a súa saída da Deputación a cambio de "atoparlle un oco" nalgunha administración, e premiar "a súa lealdade".
Link: XORONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1700