Festa do Percebe 2011
Fecha Miércoles, 20 julio a las 08:46:01
Tema PHP-Nuke


Unha firma privada decidiu asumir a organización da festa do percebe de Cedeira. Trátase da firma local Spomar que prevé celebrar a degustación popular os días 6 e 7 de agosto. Segundo informou o concelleiro de Turismo, Luís Rubido, o goberno local participará no evento promocionándoo baixo o lema O mellor percebe do mundo.

O Concello anuncia que se porán á venda dúas mil racións de marisco, unha cifra á que hai que sumar as que repartan os locais hostaleiros da vila o fin de semana. Para iso instalarase unha carpa que aínda non se decidiu onde se situará, aínda que o Concello buscará que sexa «nalgunha zona de gran interese comercial», explicaba o edil. Ademais, nas inmediacións instalarase unha zona de xogos infantís.

Tradicionalmente a Confraría de Pescadores local era a encargada de organizar esta festa aínda que o ano pasado asumiuna o Concello.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1698