Festa do Percebe 2011
Fecha Martes, 19 julio a las 09:02:57
Tema PHP-Nuke


Tras dezaseis edicións de festa do percebe en Cedeira, este ano, polo momento ninguén prevé organizar a popular degustación. Tradicionalmente a Confraría de Pescadores local organizaba esta celebración aínda que o ano pasado asumiuna o Concello. A pesar de que a última edición adiantouse a data un mes, normalmente celebrábase a finais de xullo, os organizadores aseguraron que fora todo un éxito xa que se repartiron máis racións que anos anteriores, chegando á media tonelada de percebes.

Aínda que nin a Confraría, nin o Concello nin os hostaleiros confirman que non se vaia a celebrar, polo momento, ningunha das tres entidades asumiu a organización. O Concello non descarta destinar unha partida do orzamento para o ano que veñen co obxectivo de recuperar a festa. «Non hai ningún diñeiro reservado este ano e non podemos asumir de súpeto unha compra de centos de quilos de percebes. O que prevemos é subvencionar unha asociación que organice o evento, pero tería que ser o ano que vén», explicaba o concelleiro de festas, Luís Rubido.


A Asociación para a Promoción Turística, que xa colaborou en edicións pasadas, reuniuse coa Confraría e o Concello buscando algún xeito de organizar a festa pero lamentan que «aínda que todos sairían gañando, ninguén está interesado en organizala». E é que o turismo gastronómico de Cedeira é un dos alicerces da vila e este tipo de degustacións populares atraen ao municipio por centos de visitantes.

Pola súa banda, desde o Concello aseguran que, se finalmente termínase fraguando algunha iniciativa privada que organice a degustación, o Concello colaboraría coa promoción e publicitándoa.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1697