Porto deportivo - Concello de Cedeira
Fecha Jueves, 14 julio a las 08:41:08
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Cedeira, Leopoldo Rubido, o patrón maior da Confraría de Pescadores, Agustín Pérez Pernas, e o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, reuníronse onte en Cedeira para debater sobre o futuro do porto. O máis destacado foi o anuncio de que volverán sacar a licitación a explotación do peirao deportivo dentro de «uns dous meses». O encontro foi moi satisfactorio para as tres partes, que destacaron a importancia de estar por primeira vez de acordo neste tema. «É un paso importantísimo que esteamos por primeira vez todos traballando polo futuro do porto de Cedeira», sinalou Pérez Pernas.

Aínda que non quixo dar unha data concreta, Álvarez-Camana aventurouse a prognosticar sobre o porto deportivo que, unha vez definidas as modificacións que se lle realizaron ao prego, «sacaremos a explotación a concurso público calculo que nun ou dous meses».


© 2011 - La Voz de Galicia


Xa se abriu o concurso anteriormente, pero quedou deserto. Por iso, agora preténdese facer a explotación máis atractiva retocando a superficie de terra e ampliando a zona de auga. «Facendo estas melloras e explicándoas ben, creo que haberá proposta», vaticinou Álvarez-Campana. A empresa gañadora obterá a explotación da zona recreativa por 30 anos.

O peirao náutico enmárcase dentro dun proxecto de reordenación e mellora do recinto marítimo pesqueiro. Como quixeron remarcar as tres partes, o máis importante deste será as obras do dique de abrigo que se ampliará preto de 220 metros de lonxitude. Como prolongación do existente, servirá de abrigo á zona pesqueira, á deportiva e á praia de Area Longa. «O abrigo é o cimento sobre o que sustentamos todo o futuro porto», destacaba o presidente de Portos, «xa que o converterá nun dos mellores e máis seguros».

Respecto ao posible impacto ambiental na zona, Álvarez-Campana negou calquera posible prexuízo. «É unha solución que se pensou para que a praia non só non teña afección negativa», explicou, «senón que se conserve mellor grazas ao abrigo do novo espigón».

Unha vez construído o abrigo, Pérez Pernas anunciou a colocación de pantaláns para barcos da terceira lista e unha gasolineira. Antes, a curto prazo, farase a nova lonxa e unha nave para almacén. «Poderían comezarse ata antes de que acabe o ano», comenta Pernas.

O alcalde, Leopoldo Rubido, detallou o resto de melloras que levarán a cabo. Para empezar, estableceuse un convenio entre Portos e o Concello para mellorar os xardíns e as zonas do paseo marítimo. Ademais, aínda que pendente duns estudos técnicos, pénsase devolver a escultura da Peixeira ao seu sitio xenuíno, no pericoto. Álvarez-Campana está orgulloso do proxecto. «É un avance importante en Cedeira, porque atendemos á pesca, ao sector turístico e deportivo, e ao contacto poboo-porto a través do paseo marítimo», destacou.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1693