O Celga 1 poderase obter por internet
Fecha Martes, 31 marzo a las 11:49:43
Tema PHP-Nuke


Por primeira vez, as persoas que desexen obter o Certificado de Lingua Galega no seu primeiro nivel, o Celga 1, poderano facer a través da internet. A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación Multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación, Ineo, presentaron esta segunda feira o curso en liña.

O presidente de Ineo, Jorge Cebreiros, fíxolle entrega á secretaria xeral saínte de Política Lingüística, Marisol López, do traballo, realizado durante os últimos meses. O sistema poñerase ao dispor do público despois da demanda detectada desta modalidade de ensino.

O curso está deseñado para completarse en 30 horas de aprendizaxe en liña, e pretende achegar os coñecementos básicos de lingua dun xeito ameno e atractivo. Está distribuído en 10 unidades de tres bloques cada unha. Inclúe formatos clásicos como preguntas pechadas, unir parellas ou encher ocos, e tamén imaxes animadas, textos e locucións en todas as pantallas, coa opción de gravar a voz do alumnado. A avaliación efectúase mediante tests.

As persoas que participen neste curso contarán coa supervisión dun titor e cun menú de uso persoal con acceso ao correo interno da plataforma para comunicarse coa persoa responsábel da titoría. En principio, poderán participar no curso 500 persoas simultaneamente, cando se realice a convocatoria oficial e conclúa o proceso de selección do alumnado.

Link: VIONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=169