O GRUPO SOCIALISTA ACUSA DE OPACIDADE AO PP LOCAL
Fecha Lunes, 11 julio a las 21:07:47
Tema PHP-Nuke


No Pleno extraordinario de organización desenvolvido o pasado 29 de xuño no punto 14 da orde do día, a Alcaldía coa “finalidade de axilizar os procedementos en especial de personamento en acción xudiciais” sacou adiante cos votos do PP a delegación por parte do Pleno na Alcaldía da seguinte competencia:

O exercicio de acción xudiciais e administrativas e a defensa da Corporación en materia de competencia plenaria”

O Grupo Socialista votou en contra por considerar que este é o primeiro paso para usurparlle ao conxunto da Corporación o dereito a coñecer e debatir as posicións que máis interesen ao conxunto da cidadanía na defensa dos seus intereses diante dos tribunais de xusticia. Na medida en que certos constructores, de fóra e de dentro do goberno local, pero en todo caso con idénticos intereses, teñen asuntos pendentes na xusticia contra do Concello de Cedeira, a decisión do Pleno presenta un tufo inequívoco de compadreo e abandono da defensa dos intereses municipais en favor de individuos particulares.

De igual maneira, ao parecer, non será convocada a Comisión de Seguemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal, tradicionalmente coñecida como Comisión Informativa de Urbanismo que debera ser previa á toma de dicisións da Xunta de Goberno Local que se celebra todos os mércores. Esta posición, de novo, é perfectamente coherente co punto anterior, no sentido de tentar facer todo o posible por parte dos Rubido de ocultar tamén todo o que se refire a urbanismo. Recordamos a promesa electoral do PP de conceder os permisos de construcción que o Goberno anterior tiña en estudio ou claramente paralizados, lóxicamente por ilegais ou incompletos. Agora xa sabemos cómo pensa facelo, ocultando á oposición a información que se lle ten que dar nas Comisións Informativas.

JOSÉ LUIS VERGARA REY
Portavoz do Grupo Socialista no Concello de Cedeira

Lionk: A. Socialista de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1685