O PP POSTRADO ANTE AS CONSTRUCCIÓNS ILEGAIS
Fecha Lunes, 27 junio a las 14:48:45
Tema PHP-Nuke


 

O PP ESTÁ PREPARANDO AS CONDICIÓNS PARA FACER DEIXACIÓN DAS SÚAS RESPONSABILIDADES ANTE A CONSTRUCCIÓN ILEGAL

Na Voz de Galicia do pasado venres, 24 de xuño, e no portal de noticias do Café Bar A Marina aparecen unas manifestacións de Luis Rubido Ramonde e Alfredo Vilela Santalla sobre a situación do departamento de Urbanismo.

O primeiro foi anunciado en días pasados, nas páxinas do rotativo mencionado máis arriba, como Concelleiro de Festas. Agora aparece coa credencial de concelleiro de Urbanismo. Nas institucións nas que os comportamentos democráticos están arraigados estes nomeamentos toman carta de natureza no Pleno da Corporación Municipal,  que se realiza a tal efecto tras as eleccións. Aquí, en Cedeira, enterámonos primeiro pola prensa e, tamén na prensa, aparecen as primeiras opinións de quen se supón é xa, ademais, o flamante Concelleiro de Urbanismo.

Rubido Ramonde (Luis) refírese ao departamento de Urbanismo describindo o seu “deseño como Kafkiano totalmente inoperante”. Este Concelleiro non explica nada máis. Quédase nos descalificativos. Para atopar algún tipo de explicación hai que ler máis adiante as afirmacións do Concelleiro Alfredo Vilela Santalla de “Atención á Cidadanía”, responsabilidade que igualmente carece do refrendo plenario. Este promotor inmobiliario xa se debuxa coma o auténtico responsable, na sombra, do urbanismo de Cedeira, porque este sí enumera as súas preocupacións.

Fala o Sr. Vilela Santalla de que os xuicios contencioso-admisitrativos “afogan” ao Concello e xa toma parte a favor de  quen litiga contra o Concello, xustificando tales contenciosos na parálise dos servicios. Para o señor Vilela a responsabilidade non se sitúa nas ilicitudes dos seus colegas inmobiliarios. Está preparando as condicións para que o Concello de Cedeira se retire e desista da defensa dos seus xustos intereses. Está preparando a argumentación para que o municipio quede por fin postrado ante aqueles especuladores que nada respectan.

Alude tamén D. Alfredo Vilela Santalla aos expedientes de reposición da legalidade urbanístatica. Non nos extraña que estea realmente preocupado, toda vez que a súa derradeira intervención atópase na mesa da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Unha construcción realizada no lugar do Baturro, en solo rústico de especial protección agropecuaria, ao rente do río que dá de beber a Cedeira, polo tanto igualmente afectado pola lei de augas e finalmente ao lado da estrada autonómica AC-566. Un conxunto de lindezas que se adereza cunha desobediencia do decreto de paralización da Alcaldía, cuestión pola que tamén a fiscalía deberá resolver.

Con razón está preocupado este magnífico empresario, pola sorte dalgúns expedientes de reposición da legalidade urbanística que, recordamos, se incóan a instancias de funcionarios independentes contra os que se pode alegar e defender. Polo menos así era antes, cando a lei non era un inimig, senón un instrumento de igualdade. Rubido e Vilela prefieren firmar licencias sen contar cos informes dos funcionarios ou contra os informes dos funcionarios, como sucedía no mandato que rematou co goberno de progreso presidido polo PSdeG-PSOE. Así todo irá máis rápido, claro.

JOSÉ LUIS VERGARA REY, Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Cedeira




Link: Envíos






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1678