Concello de Cedeira - Urbanismo
Fecha Viernes, 24 junio a las 08:35:22
Tema PHP-Nuke


Axilizar os trámites administrativos foi un dos alicerces da campaña electoral dos populares de Cedeira. Tras gañar as últimas eleccións e logo de dúas semanas de contacto aseguran que tardarán «polo menos catro meses en reorganizar o caos administrativo». «En Cedeira a crise do ladrillo adiantouse porque era imposible recibir unha licenza de construción. Temos un deseño kafkiano da administración local totalmente inoperativo», lamentaba o concelleiro de Urbanismo, Luís Rubido.

O Concello ten abertos trinta xuízos contencioso- administrativos que «afogan» o traballo dos técnicos e avogados municipais. «Só do ano 2011, atopámonos con 34 expedientes de reposición da legalidade paralizados, máis os que haberá de anos anteriores», explica Alfredo Vilela Santalla, concelleiro de Atención á Cidadanía. A esta cifra hai que sumar o medio centenar de licenzas urbanísticas caducadas. «Aínda non contabilizamos todas as solicitudes que están paralizadas. Supomos que cando consigamos pór a administración ao día atoparémonos con máis dun centenar de documentos sen resolver», cuantifica o edil de atención cidadá.

Ante este clima de parálise, o novo goberno entende que os veciños arremetesen demandando ao Concello. «O espírito do anterior mandato era denegar calquera licenza e resolver en contra do administrado. A xente cansouse desta situación e comezaron as denuncias», explica Vilela.

Licenzas en 1 e 4 meses


O novo goberno local asegura que volver pór en marcha todas estas construcións é unha das súas prioridades. Para iso, Vilela confirma que, en canto reorganícese a administración, as licenzas de obras menores tardarán como máximo un mes en resolverse, e as maiores ata catro meses, tal e como marca a lei.

Con esta medida o Concello busca impulsar na vila un sector tan afectado pola crise.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1674