Concello de Cedeira - FESTAS
Fecha Martes, 21 junio a las 12:31:02
Tema PHP-Nuke


O novo goberno de Cedeira comezou cos traballos para organizar as próximas festas patronais do municipio. Aínda que a anterior corporación iniciara un proceso para sacar a concurso a organización dos concertos, os fogos artificiais e as actividades, o goberno de Leopoldo Rubido optou por paralizar os trámites para que o Concello sexa o encargado das contratacións.

Ademais, desde a administración local advirten de que «non crearon ningunha comisión de festas» e de momento non comezaron a pedir o patrocinio nin axudas entre hostaleiros ou locais da vila. E é que, segundo fontes municipais, alguén puido percorrer algunhas casas do municipio pedindo colaboración monetaria entre os veciños para organizar os festexos.

Xa está confirmado o nome da primeira banda que actuará nas festas de agosto. Trátase do mítico grupo Los Secretos, un referente da movida dos oitenta. Nos próximos días iranse desvelando o nome doutras bandas e orquestras que se suman ao cartel. O concelleiro de festas, Luís Rubido, asegurou que organizarán unhas festas tendo en conta os principais gustos dos veciños da vila, «concertos, música de orquestra para bailar e actividades e animación na rúa».

O Concello tamén confirmou as datas nas que se desenvolverá a feira medieval. Ao redor de setenta postos estarán no parque do Sacro Corazón desde o venres 22 de xullo ata o domingo 24. Durante a feira, os veciños poderán gozar de pasacalles, animación nocturna ou un espectáculo de cetrería.

Por outra banda, o novo goberno municipal xa anunciou que van traballar para retomar a organización dunhas xornadas de cine  que xa celebraban durante o seu último mandato: «Proxectabamos películas de carteleira no auditorio municipal», explica o concelleiro, e asegura que o obxectivo é que os veciños «non teñan que ir ata Odeón para ver cine de estreo».

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1673