SEÑOR - Por Vicente Araguas
Fecha Martes, 14 junio a las 19:10:28
Tema PHP-Nuke


Un artigo de opinión de Vicente Araguas publicado no xornal Diario de Ferrol.

"

Despois de ler a entrevista (espléndida, asinada por Montse Fernández), con Xosé Luis Vergara, alcalde saínte de Cedeira, que publica o noso DIARIO DE FERROL o 5 de xuño, soamente direi: “¡Que maneira de perder!” Parafrasando a Joaquín Sabina, cando escribirá o himno non oficial do Aleti (de Madrid). E é que hai que ser moi señor para analizar polo miúdo unha derrota electoral que non foi desfeita, encaixándoa coa nobreza que pon este profesor de altura, intelectual de peso, e home honesto como hai poucos na balanza (ás veces romana, polo rústicos que semellan algúns) dos políticos actuais. E abondaríame ter escoitado a Vergara, tiven a sorte de estar alí ese día, cando se inaugurara o monolito a Leslie Howard n´A Capelada.
Daquela Vergara ceibou ao aire atlántico unha proclama ilustrada, onde o espírito docente ía impregnado dunha exaltación democrática. A que ven implícita na conversa de Vergara con Montse, que chama a atención dunha dona de dereitas, quen me telefonea axiña para que a lea. Despois de facelo volvo admirar a lucidez de Xosé Luís Vergara, un político para o futuro. Por máis que agora diga o contento que se sinte volvendo ao seu cuartel de inverno. Con Hispana ao seu lado non me sorprende. Pero non, caro Xosé Luís, xente coma ti non nos pode deixar ao vintemperio. Fasnos falla. E moita. Así que apenas un acougo, un lecer, e volta ao choio. E graciñas por canto fixeches por Cedeira. Miña segunda patria.

"


link: DFONLine - © 2011 Vicente Araguas






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1667