Agrupación Socialista de Cedeira
Fecha Jueves, 02 junio a las 19:11:22
Tema PHP-Nuke





    O pasado domingo, 29 de maio, tivo lugar a asemblea local do PSdeG-PSOE. Valoráronse as pasadas eleccións municipais, resultados, campañas electorais e estratexias esgrimidas por cada quen e traballo cara ao futuro.

    Plantexouse, entre outras cuestión, transmitir o nosos agradecemento a cada unha das 1335 persoas que decidiron apoiar o proxecto da Agrupación Socialista de Cedeira. Nas duras condicións económicas que estamos a sufrir, a cidadanía maioritariamente optou por outras alternativas políticas, e Cedeira non se apartou desta corrente. A pesar delo a nosa proposta non só non perdeu votos, senón que veu incrementado o seu apoio popular. Por iso ten máis valor se cabe, a fidelidade amosada ao proxecto socialista para Cedeira.

    Durante os próximos catro anos, a dereita rexirá os destiños do noso querido municipio. A nós tócanos servilo como membros da oposición. Será para nós un honor e farémolo sen acritude, con profundo respecto polas formas democráticas e con educación.

    No seu dia soubemos gobernar con humildade, tratando a todo o mundo por igual e facendo que o consistorio fose unha casa aberta. Agora saberemos estar á altura da enorme responsabilidade que 1335 persoas depositaron sobre os nosos hombros.

   Asistiremos ás comisión e aos plenos. Poñerémonos a disposición da cidadanía, ben no local que nos adxudique o grupo de goberno, ben no que habilitemos nós, se aquel faltase. En definitiva seguiremos defendendo os intereses de Cedeira, a todos os niveis, como fixemos no pasado.

    Estamos dispostos a seguir colaborando con quen desexe traballar. Asociacións de toda natureza e colectivos humanos en xeral, terán en nós un apoio en cantas iniciativas de interés xeral promovan. Seguiremos sendo sensibles a cantas necesidades existan no último punto do Concello.

    Tamén estamos dispostos a camiñar conxuntamente co grupo maioritario desde o primeiro momento, como plantexamos na nosa disposición a realizar unha transición civilizada. Esta iniciativa non mereceu resposta algunha do PP e lamentámolo. Cedeira meréce ter uns representantes con altura de miras, onde u odio non sexa o elemento esencial da acción política. Estamos dispostos a ir xuntos nas reivindicacións máis sentidas pola poboación que a Xunta segue sen atender, como a estrada a Ferrol, o novo centro de saúde, o centro de maiores ou a ampliación da gardería. Pero sabemos andar solos e farémolo se os demais miran para outro lado.

José Luis Vergara Rey
Secretario Xeral
Agrupación Socialista de Cedeira


© 2011 - Agrupación Socialista de Cedeira

Dcto. orixinal formato PDF : preme aquí


Link: Agrupación Socialista de Cedeira






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1658