Socialistas de Cedeira - PSdeG-PSOE
Fecha Miércoles, 01 junio a las 08:51:21
Tema PHP-Nuke


O alcalde en funcións de Cedeira, José Luís Vergara, empezou xa a expor unha renovación de filas no PSOE da vila. Os resultados obtidos nas urnas o domingo 22 de maio non foron todo o bos que esperaban desde as filas socialistas, por iso recibiron o golpe en ton negativo.

Por ese motivo, Vergara abre o debate sobre a súa sucesión e afirma que, aínda que manterá temporalmente a súa acta de concelleira e seguirá traballando desde a oposición, a súa intención pasa por deixar o Concello cedeirense a metade de lexislatura, unha vez esgotados os dous primeiros anos do mandato.

O alcalde en funcións agradeceu o apoio dos seus máis de 1.300 votantes e argumentou que o seu goberno tivo que abanderar «xestións difíciles» como o arranxo do casco antigo ou as conexións da depuradora, obras, en definitiva, engorrosas para os veciños.

Mostrou o seu desexo de que lle substitúa «unha candidata», en feminino, e engadiu que seguirá traballando no partido.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1656