Traspaso de poderes
Fecha Miércoles, 25 mayo a las 13:57:43
Tema PHP-Nuke




"

Sr. D. Leopoldo Rubido Ramonde:


Desexo trasladarlle os nosos parabens polos resultados obtidos nas eleccións municipais do  22 de maio. Aínda que o trámite democrático da toma de posesión da nova corporación levarase a cabo o próximo 11 de xuño, póñome á súa disposición para cantas cuestións estime convenientes, en aras dunha adecuada transición.

A experiencia do relevo nas eleccións do 2007 non me permite coñecer as súas intencións ao respecto. Naquel momento, quen subscribe contou coa información do funcionariado. Agora, se vostede o considera oportuno, ofrézolle a nosa predisposición a reunirme con vostede e trasladarlle a nosa valoración de cantos asuntos están en curso.

A situación das obras, o estado de execución dos diferentes plans provinciais, o estado das contas, e cantas cuestións estime, poden ser elementos de conversación. Esta reunión pode levarse a cabo, ben coa asistencia doutros cargos electos, de funcionarios ou desenvolverse exclusivamente entre nós. Déixoo á súa consideración.

De igual maneira, se ten algún interese en realizar algún tipo de protocolo especial no Pleno de Constitución da nova Corporación Municipal, pode ser tamén tratada para que se desenvolva a gusto de todos e todas, lóxicamente tendo presentes as esixencias legais dispostas pra o caso.

Sen outro particular, reiterándolle a nosa predisposición, quedo á espera das súas novas.

ATENTAMENTE

José Luis Vergara Rey
Alcalde en funcións

"


© 2011 - Concello de Cedeira - Alcalde en funcións

Dcto. formato PDF: preme aquí


Link: Concello de Cedeira - Alcalde en funcións José Luis Vergara Rey






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1650