Rubido recupera a Alcaldía
Fecha Lunes, 23 mayo a las 08:44:38
Tema PHP-Nuke


O "popular" Leopoldo Rubido retomará novamente as rendas do goberno local de Cedeira tras catro anos formando parte da oposición. O partido obtivo sete concelleiros "un máis que nas eleccións de 2007", fronte aos catro do PSOE e aos dous do BNG. Rubido arrebatoulle a Alcaldía ao socialista José Luís Vergara, que continuará "un tempo" exercendo o seu traballo entre as filas da oposición.
Rubido obtivo onte o respaldo de case o 51% do electorado. Tras coñecerse os resultados das urnas, o próximo alcalde do municipio aseguraba sentirse "moi contento". "Isto foi como unha homenaxe ao PP, que tanto sufriu estes catro anos con esta xente", sentenciou. Con "ilusión e ganas de ilusionar", o "popular" regresa novamente a un cargo que exerceu durante trinta anos na vila "dos 38 que leva traballando activamente na política local de Cedeira". Rubido lanzou onte unha mensaxe aos veciños, asegurándolles que "o PP non lles vai a defraudar".


© 2011 - Diario de Ferrol


No que respecta aos resultados, o alcalde electo asegurou que son "moi bos". Tanto, dixo, "que nos sobran moitos votos". Pero o resultado de onte nas urnas cedeirenses non foi ningunha sorpresa para Rubido, que afirmou ter claro desde un primeiro momento que vencerían. "Nunca o dubidamos", subliñou, "porque o voto do PP é moi fiel e nas anteriores eleccións tan só perdemos por dezaoito votos".
"Agora, a loitar", indicou Rubido, que valorou o feito de que "hai unha situación moi especial, porque o PP gañou en moitos concellos e tamén a Deputación, co que será posible que leven a cabo moitas ilusións".
Con optimismo afrontou onte o alcalde saínte, o socialista José Luís Vergara, os resultados das eleccións en Cedeira, aínda recoñecendo desde o principio que "isto é un desastre xeral no que eu me inclúo". Vergara lamentou que "o noso proxecto político verase truncado de forma inequívoca", pero anunciou que continuará traballando "duramente desde a oposición, co mesmo entusiasmo e alegría que o fixemos antes".
O socialista cedeirense asegurou que "vou continuar un tempo no Concello, ata que todo estea consolidado e exista outra alternativa, pero sen dúbida, ireime antes do final do mandato", confirmando o que anunciara.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1643