Denuncia
Fecha Domingo, 22 mayo a las 11:59:09
Tema PHP-Nuke


O candidato do PSOE á Alcaldía de Cedeira, José Luís Vergara, denunciou onte pola tarde no cuartel da Garda Civil da vila a repartición duns pasquíns nos que se vertían inxurias sobre a súa persoa, segundo asegurou. O socialista declarou ante a policía xudicial e puxo os feitos, a través do partido, en coñecemento da Xunta Electoral de Zona.

Vergara tivo coñecemento onte pola mañá da repartición dos dípticos nos que se podían ler frases como: "Se Vergara fose promotor, sería o maior infractor". Ás poucas horas de comezar a entregarse, o alcaldable do PSOE aseguraba, tras haberllo comentado fontes que el considera de total fiabilidade, que a persoa que repartía os escritos era o fillo dun promotor que "está tendo conflitos legais co Concello por asuntos relacionados co urbanismo, polo que non me sorprende este reto que fai á legalidade electoral ao ver o que fai coa urbanística". "Hai xente que xa me dixo que está disposta a declarar no caso de que sexa necesario, porque viron ao fillo do promotor repartindo os pasquíns", aseguraba Vergara, que indicou que ata membros da súa candidatura informáronlle de que estaba cometendo un "delito electoral". Vergara mostrouse convencido de que os feitos non repercutirán nos resultados electorais de hoxe pero non quere que queden impunes. "É grave impedir que os rapaces do 15M que se manifesten nas prazas e un señor que fai isto quede impune", sinalou.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1633