Detido un veciño da Vila
Fecha Domingo, 22 mayo a las 08:48:47
Tema PHP-Nuke


Axentes da Garda Civil e da Policía Local de Cedeira detiveron na tarde do venres a un veciño da localidade, V.P.G., de 30 anos de idade, despois de que agredise a varias persoas, entre elas a súa parella, dentro do bar Uruguai e rompese a lúa do céntrico establecemento da vila mariñeira.

Segundo relatan testemuñas oculares do altercado, ao redor das sete e media da tarde do venres, e sen mediar palabra, o agresor encarouse coa súa compañeira sentimental á que propinou unha labazada na cara. Pouco despois saltou ao interior da barra onde golpeou a unha das camareiras do bar. A partir dese momento, colleu as cadeiras e as banquetas do local e lanzounas contra a lúa do mesmo ata que rompeu.

Lesións a un policía

Os responsables do establecemento avisaron tanto á Garda Civil como á Policía Local. Poucos minutos máis tarde apareceron no lugar unha patrulla de cada corpo de seguridade. Os efectivos trataron de reducir ao agresor, pero durante o forcejeo cos axentes un policía resultou lesionado.

Finalmente, conseguiron esposarlo e foi a Garda Civil quen o trasladou ao cuartel de Ferrol, onde permanece detido, para tramitar as dilixencias oportunas.

Fontes oficiais do caso aseguran que se lle imputan un delito de violencia de xénero, un de danos e outro de lesións. O valor total dos danos que causou no bar Uruguai é de 1.000 euros. Aínda non está claro cando pasará a disposición xudicial, pero podería ser hoxe ou ao longo da xornada de mañá.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1631