Concello de Cedeira - Urbanismo
Fecha Sábado, 21 mayo a las 08:52:48
Tema PHP-Nuke


O arquitecto do edificio de Cedeira que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia denunciou no xulgado de Ortigueira por posibles irregularidades, Maximino Caruncho, asegura que o seu inmoble cumpre con todos os parámetros esixidos dentro do Plan de Ordenación Municipal. «É dous metros máis baixo que o auditorio municipal, que se atopa situado enfronte», detalla Caruncho.

Foi un veciño da vila o que denunciou as posibles irregularidades ante o Tribunal Superior e o pasado mes de abril, o fiscal presentou unha denuncia no Xulgado de Instrución de Ortigueira.

Caruncho achaca a investigación a unhas normas urbanísticas que nunca foron publicadas. «Se temos en conta o que rexe o PXOM, o noso inmoble cumpre todo o que esixe, se nos rexemos por esas normas que nunca foron publicadas e que moita xente non coñece, habería que derrubar o 95 por cento das construcións cedeirenses», afirma.

Garaxe

Outro dos aspectos que se debaten son as sete portas de garaxe que presenta o inmoble. Segundo explica o responsable, o primeiro proxecto contemplaba un par de entradas, que finalmente foron modificadas para conseguir unha praza de garaxe máis e no plan urbanístico non se especifica nada respecto diso.

Link: VONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1628