Rehabilitación da cetaria de Sonreiras
Fecha Viernes, 20 mayo a las 09:03:57
Tema PHP-Nuke


O alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, recibiu onte de mans dos responsables da Demarcación de Costas o proxecto de rehabilitación da cetaria de Sonreiras, "unha intervención que está na liña do que vimos falando nos últimos meses", asegurou o rexedor municipal.
Trátase dunha actuación que, cuantificada en 298.000 euros, será executada pola empresa Tragsa e que, segundo as previsións, dará comezo a finais do próximo mes para aproveitar o verán para acometer uns traballos que se prolongarán durante tres meses. En canto aos contidos, tal e como adiantou este diario fai uns días, o proxecto deseñado pola Demarcación de Costas dará lugar á creación de accesos, a estabilización do noiro e a instalación de varandas de protección para garantir a seguridade nunhas estruturas que levan bastantes anos abandonadas.


© 2011 - Diario de Ferrol


En canto ao acondicionamento da cetaria propiamente dita, a actuación consistirá na recuperación daquelas instalacións que superaron o paso do tempo, incluídas un guindastre e unha bomba agora inactivas. A intervención tamén contempla a reconstrución dunha parte da cuberta e a demolición daquelas paredes ou estruturas para as que no seu día foron empregados materiais non orixinais. O rexedor municipal apuntou, entre outros, ladrillos e estruturas de formigón. O último tramo do proxecto previsto está encamiñado á recuperación dun espazo anexo á cetaria a fin de aproveitalo como plataforma interpretativa. Esta iniciativa inclúe desde a instalación dos habituais paneis informativos ata a colocación de mesas e bancos para que todas aquelas persoas que se acheguen a visitar a cetaria tamén teñan a opción de gozar da paisaxe que existe na zona.
Por outra banda, o alcalde, José Luís Vergara, reiterou a intención do Concello de involucrar ao Ministerio de Medio Ambiente na rehabilitación das tres cetarias existentes ao longo da costa de Cedeira. Neste sentido, ademais de apuntar que a obra que dará comezo en cuestión de días acométese no viveiro mellor conservado, o rexedor municipal apuntou a necesidade de facer o posible para manter nas mellores condicións os outros dous. Un deles localízase a estasa distancia do que agora recibirá a axuda da Demarcación de Costas, mentres que o outro está no Sarridal.
As cetarias de Cedeira foron negocios que estiveron operativos ata fai relativamente poucos anos, ademais de resultar moi produtivas economicamente falando. Coa súa rehabilitación tamén se pretende manter viva a importancia dunhas instalacións para o benestar xeral dos cedeirenses.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1624