Concello de Cedeira - Campamento de verán
Fecha Miércoles, 18 mayo a las 08:56:44
Tema PHP-Nuke


O Concello de Cedeira asume este ano por primeira vez en solitario a organización do campamento de verán.
A iniciativa levará á práctica ao longo dos meses de xullo e agosto.
A día de hoxe, máis de 200 nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos confirmaron a súa asistencia.
A diferenza doutros anos, a novidade da presente convocatoria está no aproveitamento tanto das instalacións municipais como da contorna natural que ofrece Cedeira para levar á práctica unha ampla variedade de contidos lúdicos e formativos.
Un grupo de doce monitores implicarase nunha experiencia para a que aínda hai prazas vacantes. Así, as persoas interesadas poden facer a preceptiva reserva nas oficinas municipais.

A cota fixouse en 30 euros e desde o consistorio insístese en que a falta de prazas non poderá ser nunca utilizada como escusa para non implicarse nun programa para o que a día de hoxe non existe límite de participación. Os campamentos se desarrolarán en horario de mañá, de nove a dous, segundo as previsións que agora barallan os responsables municipais.

Link: DFONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=1615