Turismo social 2009
Fecha Viernes, 27 marzo a las 12:40:40
Tema PHP-Nuke


A Secretaría Xeral de Benestar pon en marcha o programa de Turismo Social 2009, cunha oferta que este ano chega ás 3.274 prazas. Esta iniciativa de ocio para os maiores céntrase nas modalidades de turismo termal e no turismo de intercambio. Este ano, poténciase a modalidade de turismo termal, na que se ofertan dúas opcións: unha primeira de todo incluído, para a que se habilitan 2.139 prazas, que comprende os tratamentos termais, transporte, aloxamento, manutención e animación sociocultural; e unha segunda modalidade, con outras 1.015 prazas, que contempla só os tratamentos termais, sendo o desprazamento e o aloxamento por conta do beneficiario.

O programa amplía ata 15 o número de establecementos termais incluídos na oferta, coa incorporación dos de Acuña, Illa da Toxa, Mondariz e Outariz. Así, por provincias, figuran o balneario Baños Vellos de Carballo, na Coruña; Río Pambre (Palas de Rei) e Termas Romanas, en Lugo; Baños de Molgas, Laias (Cenlle), Lobios, Gran Balneario e Caldas de Partovia (O Carballiño) e Termas de Outariz, en Ourense; e Balneario de Acuña (Caldas de Reis), Balneario da Toxa (O Grove), Baños de Brea (Vila de Cruces), Caldelas de Tui (Tui), *****is e Balneario de Mondariz, en Pontevedra. O custo destes programas termais para os beneficiarios oscilan entre os 270 € e os 355 €, segundo destino, para a opción “todo incluído”, con estancias de 11 días; e entre os 97€ e os 222€, por dez días, para a opción de “só tratamento termal”. Ademais, da totalidade de prazas para a opción “todo incluído” resérvanse 32 prazas gratuítas para persoas que acrediten dispoñer de escasos recursos económicos, e outras 64 prazas para matrimonios que *****priron as súas vodas de ouro no ano en curso, nas que os beneficiarios gozan de importantes descontos.

Intercambio

O Programa de Turismo Social mantén tamén a súa modalidade de Turismo de Intercambio, con 120 prazas “todo incluído” na Colonia de Feiras de Joao Paulo II, en Esposende (Portugal). Os prezos por persoa son de 190 euros. Requisitos e inscricións
Poderán participar neste Programa as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 65 anos ou maior de 60 reunindo a condición de pensionista, na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.
b) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia
c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
d) Non padecer enfermidade infecto contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou de conduta, non compensados, que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
e) Respecto ás quendas de carácter termal, precisar o tratamento solicitado e carecer de contraindicación médica para a súa recepción. Dentro dos solicitantes que reúnan os requisitos para participar no Programa, daráselles prioridade a aquelas persoas con maior idade e menores ingresos económicos, así como ás que non tiveran participado no programa en anteriores convocatorias e precisen os tratamentos termais solicitados (segundo o baremo establecido ao efecto). Os maiores interesados en participar neste programa poderanse dirixir para máis información ás Delegacións provinciais da Igualdade e do Benestar, Residencias e Centros Sociocomunitarios de Benestar da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, ao Teléfono Social 900 333 666 ou aos servizos sociais de atención primaria dos concellos ou dos centros de saúde. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 15 de abril ás 14 horas.
Link: XONLine






Este artículo proviene de Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA
http://localhost/nuke81

La dirección de esta noticia es:
http://localhost/nuke81/modules.php?name=News&file=article&sid=161